Iris pseudacorus

Nome Común: Lirio amarelo

Nome científico: Iris pseudacorus

Sabías que?

Iris toma o seu nome da deusa grega do arco iris.

Descrición

A planta Iris pseudacorus ou lirio amarelo, é unha especie perenne da familia Iridaceae. É orixinaria de Eurasia. Esta planta aparece na marxe de cursos de augas de certas profundidades, e teñen follas diferentes. As flores aparecen preto de marzo ou xuño, alcanzan un diámetro de 8 a 10 cm. adoitan ter manchas de cor laranxa ou púrpura, e os seus talos poden medir de 1 a 1,5 metros.

Ecoloxía

Podemos atopalas en zonas húmidas como pantanos, chans anóxicos e ribeiras de toda Europa. Expándese rapidamente por sementes dispersas pola auga. É primariamente acuática, pero é capaz de sobrevivir períodos secos prolongados.

Usos

Pódese usar en menstruacións dolorosas. É adstrinxente, tónico, diurético, laxante. Principalmente úsase a raíz, pero tamén as sementes.

Ir al contenido