Nome Común: Lentella de auga
Nome científico: Lemna minor
Sabías que?
En condicións óptimas, a capacidade reprodutiva da lentella de auga fai que podan chegar a duplicar a súa masa en 16 horas.
En condicións óptimas, a capacidade reprodutiva da lentella de auga fai que podan chegar a duplicar a súa masa en 16 horas.
Herbas acuáticas de estrutura moi simple que flotan na superficie de augas estancas ou con moi pouca corrente. Cada planta consta dunha soa folla oval plana de moi pequeno tamaño, ás veces con pequenas raíces filiformes no seu lado inferior. As súas flores son moi básicas, carentes de pétalos. Os seus froitos son como pequenos sacos flotantes con aire no seu interior.
Cunha ampla presenza en todas as áreas tropicais e subtropicais do planeta, require para o seu crecemento óptimo dunha alta presenza de nitróxeno e fosfato nas augas que habita, temperaturas de entre 17.5º e 30º (por encima dos 35º perece) e de que non haxa corrente ou, como moito, esta non supere os 0.3 m/s. Realizan polo exposto no primeiro punto, un labor de depuración de augas. Tamén, proxectan unha sombra que ao cortar o acceso á luz solar das algas por baixo delas impide a súa excesiva proliferación, que faría que a cantidade de osíxeno sufrise unha redución que dificultaría a supervivencia do resto de habitantes do ecosistema. Ademais, o seu alto valor proteínico faino unha fonte de alimento para as especies animais coas que coexiste.
Xa se mencionou a súa capacidade para limpar augas con excesivos niveis de nitróxeno e fosfato (que a actividade agrícola produce en ocasións) así como para procesar augas residuais. Tamén se utiliza como elemento decorativo en estanques e acuarios sendo ademais unha fonte alimentaria máis para os peixes que os habitan. Neste sentido, tamén hai poboacións humanas no sueste asiático que a inclúen na súa dieta. Por último, ten usos medicinais: emprégase como remedio contra a ictericia, a inflamación das vías respiratorias superiores e a artrite.