Nome Común: Loto das charcas/lotera
Nome científico: Lotus pedunculatus
Sabías que?
A infusión das súas flores axuda a combater o insomnio.
A infusión das súas flores axuda a combater o insomnio.
É unha planta herbácea da familia das fabáceas. Herba perenne por medio de rizoma. Talos ascendentes, ocos, máis ou menos ramificados. Follas compostas por 5 folíolos, verde-azuis por debaixo. Flores dispostas en cabezas ou coroas de longo cabilo. Corola de cor amarela, a miúdo tinguida de vermello. Froito en vaíña. Florece na primavera e no verán.
Crece en diversos hábitats húmidos e abertos, en lugares encharcados ou bastante húmidos, como prados higrófilos, marismas ou zonas pantanosas, marxes de cursos da auga ou lagos, en chans preferentemente acedos, aínda que os tolera básicos. Entre o nivel do mar e 2500 m de altitude.
Utilízase como forraxe na alimentación de ruminantes. A infusión das súas flores axuda a combater o insomnio.