Podarcis bocagei

Nome Común: Lagarta galega

Nome científico: Podarcis bocagei

Sabías que?

En Galicia pode ocupar desde dunas costeiras até muros de vivendas, podendo ser en ocasións relativamente antropófila. Vive desde o nivel do mar até os 1600 m. de altitude nos Ancares. O período de cortexos e apareamentos da lagarta galega adoita ter lugar entre abril e principios de xullo. Os machos en celo deste réptil teñen o dorso de cor verde intensa. O seu período anual de actividade pode ser moi longo, permanecendo activos todos os meses do ano, aínda que entre novembro e febreiro a actividade é reducida. Adoitan ser moi sedentarias, mostrando só curtos desprazamentos, mesmo en períodos superiores a 2 anos.