Anguis fragilis

Nome Común: Escáncer / Liscanzo

Nome científico: Anguis fragilis

Sabías que?

É un lagarto que carece de patas. Ten o corpo cuberto de grosas escamas, suaves e de superficie brillante. O seu nome científico, Anguis fragilis, significa serpe fráxil e refírese á capacidade deste lagarto de desfacerse da súa cola cando é atrapado, a cola pode seguir escapulíndose despois de ser arroxada, distraendo aos depredadores mentres escapa. Nun par de semanas, a cola comeza a rexenerarse. Aínda que a miúdo témeselle do mesmo xeito que ás serpes, debía de ser ben recibido nos xardíns xa que se alimenta de lesmas, caracois e outras pragas do xardín.