Nome Común: Níscaro
Nome científico: Lactarius deliciosus
Sabías que?
Comer Lactarius deliciosus dálles aos ouriños unha cor alaranxada que non ten ningunha consecuencia.
Comer Lactarius deliciosus dálles aos ouriños unha cor alaranxada que non ten ningunha consecuencia.
Cogomelo cunha cutícula lixeiramente aveludada e en tempo húmido algo viscosa. O seu sombreiro mide entre 5 e 15 cm, ten forma de copa, de convexo a estendido e deprimido, e posúe círculos concéntricos. A cor é dun laranxa esbrancuxado ou cenoria, tanto as láminas, como o pé, a carne e o látex, con círculos máis escuros que tiran a vermellos. Ten láminas decorrentes cor laranxa que ao cortalas adquiren tons verdosos porque se oxidan rapidamente. O pé, crebadizo, é corto e cilíndrico, máis estreito na base, duns 8 cm de lonxitude por 3,5 cm. de diámetro. Ao principio é macizo e vaise baleirando e debilitando co tempo.
Asóciase coas raíces dás árbores en bosques de coníferas ou mixtos, especialmente os piñeirais. Pode atoparse na tempada de verán-outono.
Culinario: aínda que se poden consumir crus a súa dixestión será máis sinxela se se cociña. Admiten preparacións á brasa, salteados e con arroz, entre outras. Medicinal: propiedades antioxidantes e con efectos antimicrobianos.