Sambucus nigra

Nome Común: Sabugueiro

Nome científico: Sambucus nigra

Sabías que?

O Sabugueiro é unha das plantas medicinais máis utilizadas no mundo. Existen dúas especies herbáceas de sabugueiro: o Sambucus adnata, que ten bagas vermellas e crece en Asia e o Sambucus ebulus, coñecido como sabugueiro menor, sabugueiriño ou engo, que crece en Europa e Asia e é velenoso.

Descrición

O Sabugueiro é un xénero cunha trintena de especies e subespecies. O Sambucus nigra (sabugueiro negro, sabugueiro común) é a especie máis común. O resto de especies, na súa maioría árbores ou arbustos de entre 15 e 60 metros de altura, son moi parecidas. O tronco ten unha cortiza rugosa, os talos novos son ocos. Con frecuencia crece inclinado, as follas son opostas, con 5 a 7 folíolos, as flores hermafroditas, son olorosas, brancas, de 5 pétaos soldados, organízanse en corimbos terminais bastante aplanados e duns 10 a 25 cm. de diámetro, os froitos son pequenas bagas de 3 a 5mm de diámetro con variedade de cor desde verde a vermella e negra brillante na madurez.

Ecoloxía

Adoitan distribuírse polas zonas tépedas e subtropicais do planeta. Na Península Ibérica tamén crece o sabugueiro vermello (Sambucus racemosa), algo máis pequeno e con bagas de cor vermella cando maduran.

Usos

Sabugueiro (Sambucus nigra) é unha árbore que foi utilizada polo home desde hai moitos anos. Esta planta garda beneficios infinitos polas súas propiedades medicinais (emprégase en enfermidades respiratorias, é sudorífica, diurética), froitas, flores olorosas e comestibles, tamén usada como insecticida, para aromatizar bebidas e perfumes… A súa madeira é moi dura, por iso foi moi valorada para a construción de maquinaria agrícola e en ebanistería.

Ir al contenido