Musaraña gris

Nome Común: Furafollas ibérico

Nome científico: Sorex granarius

Sabías que?

O Furafollas ibérico normalmente, é un animal solitario que pode chegar a morrer se pasa máis de catro horas sen comer aliméntase cada 2 ou 3 horas e vive en lugares onde o alimento abunda. Cazan o seu alimento tanto de día como de noite, non estando suxeita a ningún período de repouso invernal nin estival, polo que permanecen activas durante todo o ano. Caracterízase porque rube, nada e mergulla moi ben. Deféndense dos seus depredadores mediante unhas glándulas odoríferas que producen un cheiro desagradable, o que lles fai un prato pouco atractivo para animais con bo olfacto.
© Concello de Santiago
Ir al contenido