Capreolus capreolus

Nome Común: Corzo

Nome científico:

Sabías que?

O corzo é o máis pequeno dos cérvidos europeos. Os machos presentan un maior tamaño que as femias. As súas extremidades traseiras son extremadamente potentes, adaptadas ao salto. Sofren dúas mudas da pelame anuais, na primavera e no outono. Marcan o territorio e emiten uns sons similares aos cans; é por iso que se di que "ladran". Normalmente, a marcaxe ten lugar na época de celo e durante o descorreo da corna (a perda dos cornos, que é nos meses de frío até os meses de verán). É un animal tremendamente adaptable, podendo vivir tanto en bosques pechados como en amplas pradarías.
© Concello de Santiago
Ir al contenido