Furaño

Nome Común: Furaño común

Nome científico: Crocidura russula

Sabías que?

É un animal moi pequeno. Ao nacer pesa menos de 1 gr. e os seus excrementos miden de 2 a 4 mm. de lonxitude e de 1 a 2 mm. de grosor, polo que non é fácil velos. O dito español "pensar en las musarañas" ou "mirar a las musarañas" (en galego dise “aos biosbardos”) fai referencia a cando estamos distraídos pensando nestes animais diminutos en lugar de facelo en asuntos de maior importancia. É insectívoro pero tamén come outros animais como as lombrigas e non rexeita a materia vexetal, xa que as súas necesidades metabólicas son moi altas, consome diariamente alimentos equivalentes ao 50% do seu peso.