Nome Común: Fiuncho
Nome científico: Foeniculum vulgare
Sabías que?
O nome da capital da Rexión Autónoma de Madeira, Funchal, vén da palabra portuguesa para designar a esta planta, 'funcho', similar á galega, 'fiuncho', debido a que a súa presenza abundante nos campos das illas deste arquipélago chamou tanto a atención dos seus primeiros colonos chegados desde Europa que lles levou a bautizala así.