Nome Común: Herba centella
Nome científico: Caltha palustris
Sabías que?
Hai poucas plantas que poidan igualar a espectacular floración.
Hai poucas plantas que poidan igualar a espectacular floración.
É unha planta herbácea e perenne con talo erecto de cor verde. Ten unha estrutura moi atractiva e unhas marabillosas flores de cor amarela dourado, é unha planta moi adecuada para zonas de ribeira, lagos ou estanques. As follas son de cor verde escuro grandes, moi brillantes, con longos pecíolos que lembran aos nenúfares. As flores crecen en pares, e cada unha ten cinco pétaos amarelos con multitude de estames.
É unha planta nativa da península ibérica que crece en lugares húmidos, pantanosos ou preto de zonas encharcadas.
É antiespasmódico e en fitoterapia úsase para tratar neuralxias, xaquecas e problemas gastrointestinais.O zume das súas plantas serve para o tratamento de verrugas, aínda que se administra con moita precaución ao ser irritante da pel. Nalgúns lugares, cómense os seus talos, raíces e follas, iso si, sempre cocidos xa que crúa é velenosa.