FINCA SIMEÓN

Parque Vista Alegre

Liñas de bus urbano

Calquera destas liñas ten parada a moi poucos metros de distancia, no barrio de Vista Alegre e en Santa Isabel.

Liña 4: Romaño / Vista Alegre / Las Cancelas

Liña C2: Est. de autobuses / Fontiñas / Hospitales / Vite / Est. de autobuses

Liña C4: Est. de autobuses / Vite / Hospitales / Fontiñas / Est. de autobuses

+info: Tussa: Transporte urbano

Aparcadoiro

Parking Galeras

Aparcadoiros gratuítos en Santa Isabel

Orixes

Propiedade do Consorcio da Cidade de Santiago desde 1995 e despois dunha importante tarefa de rehabilitación en base ao proxecto do paisajista Arata Isozaki e o arquitecto César Portela, pasa a ser parque público en setembro de 2003.

Aparece nos planos da cidade en 1796 como Horta de San Martín, propiedade do Mosteiro benedictino de San Martín Pinario, sendo a principios de século XX residencia e propiedade da familia Simeón, importantes banqueiros e empresarios da cidade de Santiago de Compostela.

Situada a moi pouca distancia do centro histórico, no barrio de Vista Alegre, Finca Simeón ten unha superficie aproximada de 35.000 metros cadrados, nos que podemos admirar un fermoso xardín de inspiración barroca, con múltiples especies de flores, plantas e árbores, pero tamén descubrir importantes edificacións representativas de diferentes estilos arquitectónicos, e outros elementos ornamentais, que sen dúbida, farannos gozar da nosa visita.

Entrada principal á Finca Simeón

Que ver?

A Alameda merece un percorrido pausado, durante o que ir descubrindo, exemplar tras exemplar e en contraste, toda a riqueza do seu patrimonio botánico e cultural.

[showhide more_text=”Ler máis” less_text=”Ocultar” type=”link2″]

VEXETACIÓN

A distribución dos espazos verdes nos seus xardíns, está inspirada nos grandes pazos da nobreza galega dos séculos XVI a XVIII. Neste parque poderemos gozar dunha ampla variedade de plantas, árbores e arbustos con flor, así ata un total de 60 especies vexetais diferentes.

Destacan no cenador un buxo (Buxus sempervirens), un aligustre (Ligustrum lucidum) de gran tamaño, así como unha fermosa glicinia (Wisteria sinesis). Compoñen o conxunto da leira hortensias (Hydrangea macrophylla), camelios (familia Theaceae), lilos (Syringa vulgaris), magnolios (Magnolio grandiflora) e mesmo un pequeno bosque onde conviven diversas especies, tanto autóctonas, como foráneas. Así podemos atopar castiñeiros ( castanea sativa), cedros ( Cedrus), freixos (Fraxinus excelsior l.), abetos (Abies alba), carballos (Quercus robur L.), palmeiras (familia Arecaceae) e araucarias (Araucaria araucana).

Ao pé dos carreiros de Finca Simeón podemos ver tamén numerosas árbores froiteiras: maceiras (Malus pumila), perales (Pyrus communis), naranjos (Citrus x sinensis), avellanos (Corylus abela), cerdeiras (Prunus cerasus), plátano común (Platanus x hispánicas), nogueiras (Juglans rexia), e varios exemplares de loureiros (Laurus nobilis), etc.

ARQUITECTURA

En Finca Simeón poderemos descubrir elementos que van desde a arquitectura tradicional galega, ata as tendencias máis vangardistas en varios dos seus edificios.

Esta Finca, antes de ser propiedade municipal, fora a residencia privada da familia Simeón, e a día de hoxe consérvanse elementos que no seu momento formaron parte dela: por exemplo, o hórreo, utilizado no seu día para gardar a colleita, así como un cruceiro que está incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. Coñécese tamén como Cruceiro de Isabel García Blanco, porque foi un dos seus fillos quen o encargou como homenaxe á súa nai. É obra do recoñecido escultor Francisco Asorey e data do ano 1952. Isabel García branco era moi coñecida polo seu importante labor filantrópico na cidade de Santiago xunto co seu pai, Simeón García Olalla da Riva, fundador do Banco Simeón: o Hospital da Esperanza, o Cottolengo, ou a fundación da escola da Inmaculada son nas súas orixes proba do devandito labor de filantropía.

Numerosos ornamentos como estatuas, macetas e columnas decorativas chegaron ata os nosos días como testemuño do pasado esplendoroso da antiga residencia familiar, que incorpora no seu xardín este tipo de elementos, propios da arquitectura palaciana, como símbolo de distinción.

En canto ás edificacións, destaca unha en particular, tanto pola súa beleza como polo seu estilo, unha rareza na cidade que nos lembra ás casas de indianos: trátase dun casarío de estilo colonial de principios do século XX, residencia da familia Simeón, rehabilitada por César Portela, actualmente Casa de Europa, destinada a dar aloxamento a académicos invitados e investigadores de diferentes países, que chegan á cidade para participar en actividades en colaboración coa Universidade de Santiago.

Edificio da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), de estilo moderno, lonxitudinal con grandes bloques de granito dispostos de forma irregular, de aspecto livián, a pesar da aparente pesadez dos seus elementos, en combinación á vez co baleiro. Hai que destacar o muro a base de cds que se iluminan pola noite.

Escola de altos estudos musicais, obra de Antón García Abril, terminada no ano 2001, arquitectura moi peculiar a base de grandes pezas de granito con marcas de barrenado á vista. No seu interior, un lucernario disposto na cuberta plana ilumina o espazo. Grazas a un enxeñoso deseño, da a sensación de que está a flotar sobre o terreo, aínda a pesar da solidez dos seus elementos.

Centro de Estudos Avanzados da USC, neste edificio realízanse parte das actividades de académicos, investigadores e universitarios, sendo frecuente a celebración de congresos e conferencias.

Museo de Historia Natural, de estilo racional e modular e integrado na contorna, grazas ao uso da madeira como elemento construtivo. Está pensado como un espazo dinámico, adaptable a posibles necesidades futuras de crecemento. Deseñado polo arquitecto César Portela, atesoura no seu interior unha extensa colección de zooloxía, botánica e xeoloxía con exemplares procedentes de Galicia e do resto do mundo, o que nos achega ao coñecemento da biodiversidade terrestre e mariña. Depende da USC e os seus obxectivos son educar e investigar, cumprindo tamén así unha función social.

[/showhide]

Que facer?

O parque está aberto desde as 07:00 ata as 22:00 horas. Conta con iluminación nocturna.

[showhide more_text=”Ler máis” less_text=”Ocultar” type=”link4″]

  • Poderemos realizar distintas actividades na nosa visita á Finca Simeón, o percorrido polos seus carreiros convídanos a gozar dun fermoso paseo ou sentarnos a descansar nun dos seus bancos á sombra, mesmo poderemos desprazarnos en bicicleta polo interior do parque.
  • É un espazo completamente accesible para persoas con diversidade funcional. Isto sen dúbida é un aspecto que se tivo moi en conta nos traballos de rehabilitación e recuperación deste lugar para a cidadanía.
  • A súa contorna natural é idónea para realizar disciplinas de relaxación como ioga ou taichí, xa sexa de forma individual ou en grupo, mentres gozamos das vistas á cidade histórica desde unha perspectiva diferente.
  • Se a visitamos con nenos atopamos un parque infantil xunto á Casa Europa, con diferentes elementos para a diversión dos máis pequenos. Mesmo poderemos gozar algúns domingos dos monicreques na sede da SGAE.
  • Non podemos irnos da Finca Simeón sen entrar ao Museo de Historia Natural Luís Iglesias, porque de forma moi amena, poderemos saber máis sobre a biodiversidade terrestre e mariña, desde unha contorna multimedia e interactiva, así como ver unha fantástica colección de mostras xeolóxicas de minerais, pedras, fósiles ou meteoritos. Tamén nos achega a outros ecosistemas máis afastados, como a selva suramericana ou a sabana africana. Conta ademais coa primeira sala en España dedicada ao chan, onde poderemos ver unha reprodución a escala dun fragmento de terreo cortado en sección moi didáctico. Ofrece a posibilidade de visitas guiadas. Para máis información: http://www.usc.gal/museohn
  • Tamén é un espazo saudable para visitar porque a pedra local, empregada como elemento construtivo en varios dos seus edificios, é un material que emite ata 80 veces menos cantidade de CO2 que o aluminio, o que redunda en sustentabilidade e benestar.
    O parque está aberto desde as 07 ás 22:00 horas. Conta con iluminación nocturna.

O centro histórico está a tan só uns minutos a pé, polo que tamén poderemos aproveitar para achegarnos facilmente, e como non, seguir gozando desta incrible cidade declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985.

[/showhide]

Ir al contenido