Natrix natrix

Nome Común: Cobra de colar

Nome científico:

Sabías que?

A cobra de colar, tamén chamada “serpe de auga”, é unha serpe non velenosa. Para defenderse produce un fluído de cheiro fétido e finxe que está morta. O elemento máis característico deste réptil é o seu colar. Con todo este elemento tan representativo só se pode observar en individuos xuvenís e subadultos, pois coa idade vaise esfumando, até desaparecer por completo nos adultos. Este colar é habitualmente branco-amarelado e en ocasións non rodea completamente o pescozo. Acaroada a esta franxa, posúe outra negra, de grosor variable no seu perímetro. A lonxitude dos individuos machos adultos é de ao redor de 1 m, pero algunhas femias poden chegar a medir os 2 m.