CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO

“A robreda silenciosa”

Liñas de bus urbano

Liña 8: É a única que ten parada no parque.

Liña P1: Ten parada no barrio do Carme de Abaixo, ao lado da carballeira.

É aconsellable consultar os horarios de transporte urbano, pois sofre lixeiras variacións dependendo de se os días son ou non laborables.

+infoTussa: Transporte urbano

Aparcadoiro

Hai un aparcadoiro privado nas inmediacións: Parking Catedral: C/ Galeras, 9-17.

Accesos dispoñibles

Camiñando, en bicicleta.

O parque posúe acceso para persoas con diversidade funcional.

Hai tren turístico e servizo de taxi.

Coordenadas: 42.52435, -8.33248

Orixes

Situada no barrio que lleva o seu nome, na parroquia de San Fructuoso, a Carballeira de San Lourenzo posúe a condición de Parque Patrimonial no Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC). Estes parques son zonas verdes obxecto de especial protección polo seu patrimonio e o valor económico que xeran. Antigas propiedades privadas gardan no seu interior verdadeiros tesouros artísticos e naturais.

San Lourenzo componse dunha carballeira centenaria, considerada formación arbórea senlleira de Galicia, arredor dunhas murallas tras as que atopamos un extenso xardín e o antigo mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, protexido pola Unesco como parte dos bens do Camiño de Santiago.