CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO

“A robreda silenciosa”

Liñas de bus urbano

Liña 8: É a única que ten parada no parque.

Liña P1: Ten parada no barrio do Carme de Abaixo, ao lado da carballeira.

É aconsellable consultar os horarios de transporte urbano, pois sofre lixeiras variacións dependendo de se os días son ou non laborables.

+infoTussa: Transporte urbano

Aparcadoiro

Hai un aparcadoiro privado nas inmediacións: Parking Catedral: C/ Galeras, 9-17.

Accesos dispoñibles

Camiñando, en bicicleta.

O parque posúe acceso para persoas con diversidade funcional.

Hai tren turístico e servizo de taxi.

Coordenadas: 42.52435, -8.33248

Orixes

Situada no barrio que lleva o seu nome, na parroquia de San Fructuoso, a Carballeira de San Lourenzo posúe a condición de Parque Patrimonial no Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC). Estes parques son zonas verdes obxecto de especial protección polo seu patrimonio e o valor económico que xeran. Antigas propiedades privadas gardan no seu interior verdadeiros tesouros artísticos e naturais.

San Lourenzo componse dunha carballeira centenaria, considerada formación arbórea senlleira de Galicia, arredor dunhas murallas tras as que atopamos un extenso xardín e o antigo mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, protexido pola Unesco como parte dos bens do Camiño de Santiago.

Que ver?

Na Carballeira de San Lourenzo atopamos un ecosistema fértil, típico das zonas de chan profundo e húmido, que abundan en Galicia polo seu clima oceánico e fan dela unha terra verde e fermosa.

Que facer?

A Carballeira propiamente dita, é un espacio público plenamente integrado na cidade, con todas as comodidades dunha zona urbana: bancos, zonas verdes con céspede e sombra e unha contorna moi agradable. Ten unha zona infantil con columpios. Ademais, pódese visitar facilmente a pé a aldea coas súas casas de arquitectura local e desde alí moverse a outros puntos da cidade: o parque de Galeras, onde poderemos desfrutar dunha fermosa ruta na ribeira do río Sarela, as zonas verdes do Campus Sur, a Alameda ou a Catedral.

Na actualidade o pazo é un complexo hosteleiro que, ademais, organiza toda clase de actividades sociais e festivais e foi, por exemplo, escenario natural de moitas películas, ademais de acoller desfiles de moda, entre outros eventos.

No barrio hai un centro social de uso comunitario, dedicado a actividades culturais e de ocio, tanto temporais como permanentes.

Recomendamos a visita ao contiguo barrio do Carme de Abaixo, onde atoparemos o antigo convento das irmás Oblatas, hoxe “Palacio del Carmen”, reconvertido en complexo hosteleiro. Ao lado da ponte do Carme de Abaixo hai unha capela barroca de aires máis ben rurais, tamén chamada do Carme.

Preto, no Campus Sur, temos á nosa disposición as instalacións deportivas da Universidade de Santiago de Compostela, como o estadio de atletismo ou a piscina, aparte de contar con amplas zonas verdes e unha entrada ao parque da Alameda.

Parque incluído na ruta violeta do chamado “itinerario verde”. Esta ruta traza un percorrido circular de catorce quilómetros enlazando os seguintes espazos verdes: Alameda, Parque de Galeras, Parque da Música, Ponte Mantible, parque de San Domingos de Bonaval, Belvís, Eugenio Granell e Banquete de Conxo

O parque está rodeado de tendas de alimentación, calzado, hostais, bares e restaurantes onde degustar viños e comida tradicional galega.

Pódese camiñar, facer sendeirismo, deporte, bicicleta, xogar ao aire libre ou simplemente sentarnos a descansar á sombra dos carballos e desfrutar da paz que nos brinda a “robreda silenciosa”.

Ir al contenido