Carex

Nome Común: Buño / Carrizo

Nome científico: Carex Paniculata

Sabías que?

Hai iniciativas en marcha nas que se utiliza esta planta en fitodepuradoras, para reducir a carga contaminante de augas residuais.

Descrición

Pode alcanzar de 40 a 150 cm de altura. Ten as follas verdes planas, ásperas e ríxidas. As súas flores agrúpanse en forma de espigas pequenas ovaladas de cor parda clara.

Ecoloxía

Esta planta perennifolia é orixinaria de Europa. Vive en altitudes por baixo dos 2.600 metros, excepto na maioría das provincias costeiras mediterráneas. Moi presente en prados e cursos de auga como ríos e arroios. Polo que prefire chans moi húmidos e pouco ácidos, situándoo directamente exposto ao sol ou en semisombra. Esta planta, depura a auga que lle rodea, xa que os seus talos e raíces acollen a bacterias e microorganismos que degradan a materia orgánica e contaminante como nitratos, fosfatos, coliformes, etc.

© Concello de Santiago
Ir al contenido