Nome Común: Búgula
Nome científico: Ajuga reptans
Sabías que?
É unha das plantas máis utilizadas para a decoración, sobre todo en xardíns.
É unha das plantas máis utilizadas para a decoración, sobre todo en xardíns.
Planta herbácea e perenne. Os seus estolóns producen raíces ou son capaces de producilas, de 10-40 cm de lonxitude. As súas follas son oblongas e opostas con flores pequenas de cor azul que se agrupan en acios. Crece moi rápido, tanto é así que se as condicións lle son favorables, pode florecer o mesmo ano no que se sementa.
Atópase en pradarías e nos lindes de bosques, en zonas frescas. Soporta temperaturas baixas, mesmo xeadas.
Posúe distintos usos medicinais. É diurético, estomacal, carminativo, cicatrizante, colagogo, adstrinxente, antihemorroidal, vulnerario e febrífugo.