Jasione montana

Nome Común: Borla azul

Nome científico: Jasione montana

Sabías que?

Esta planta gañou a denominación da “planta do ano” en Alemaña no ano 1990. Introduciuse como ornamental nos xardíns e estase estendendo cara ao oeste desde sitios areosos no leste de Nova Inglaterra.

Descrición

É unha planta anual ou bienal. Os seus talos erectos e ascendentes miden entre de 5 a 50 cm. As follas son lineais a lanceoladas cunha marxe ondulada, dentadas ou enteiras. Ten flores azuis e raramente brancas. Florece desde finais de primavera e ao longo de todo o verán. Crece en lugares herbosos, pasteiros efémeros de montaña, urceiras, rochas e ribeiras. Pódese atopar en toda Europa salvo Bélxica, Austria, Islandia, Grecia e Turquía.

Ecoloxía

Esta planta, de baixo crecemento prefire lugares secos. É particularmente común nos cantís e urceiras, onde se leva ben con ventos fortes. A planta favorece os solos acedos.

Usos

É unha planta alimenticia para as abellas melíferas. É ideal para utilizar como ornamental en xardín de rochas.

Ir al contenido