Os neveiros eran buratos que aproveitaban as zonas sombrías, neste caso en Meixonfrío, que utilizaban as persoas do lugar para conservar ou arrefriar os alimentos, e tamén para obter xeo da auga. Existen escritos xa de tempo inmemorial onde o frío tamén se usaba con fins medicinais como se vén facendo na actualidade.
Os restos do Pozo da Neve atópanse actualmente no parque do Cruceiro da Coruña ou de Meixonfrío, sobre o que foi un antigo Castro datado entre o século V a.C e comezos do I d.C.
Este neveiro estímase que foi feito a comezos do século XVII aproveitando as construcións castrexas.
Os neveiros presuponse que foron desaparecendo por causa do cambio climático a finais do século XVII, e fixérono totalmente coas primeiras fábricas de xeo.
Actualmente O Pozo da Neve está soterrado dentro do parque na ladeira noroccidental, lugar no que, durante a súa actividade, se aproveitaban os ventos do nordeste.