Quen estaba fascinado co Viso era o patriarca das Letras Galegas, Ramón Otero Pedrayo. O escritor ourensán que amaba Compostela, a cidade na que afirmo pasar os mellores anos da súa vida, tiña o Viso como referente.
Na súa celebre guía literiara da cidade que publicou en 1966 baixo o título “O espello na serán” (Galaxia), o subtítulo da obra é: “Entre o Pedroso e o Viso”.
No capítulo dedicado a este lugar afirma que no Viso déitase a cúpula estelar, que no Viso “déitase a cúpula estelar, que é enxoito, ermo, de poucas falas, capa remontada…”
Noutras ocasións volveu falar Pedrayo do monte: por exemplo, en 1959, nun artigo publicado en Vida galega, baixo o título: “O xiro da cidade inspirada” onde di:
“O Pedroso e Santa Mariña, o Viso e os agros de Ramírez e a Selva Negra dos románticos amada, como os capiteis e os labregos, gardan unha mocidade –quizais unha non de todo desvelada adolescencia— baixo as súas vellas faccións.”
“O Viso apura a secuencia do ermo.”