Oenanthe crocata

Nome Común: Pé de boi

Nome científico: Oenanthe crocata

Sabías que?

Esta planta contén unha sustancia chamada enantotoxina extremadamente tóxica. Na Idade Media usaban a raíz remollada en cervexa por un par de días para o estrinximento.

Descrición

O Pé de boi (Oenanthe crocata) é unha planta perenne robusta e ramosa pertencente á familia das Umbelliferae. Cunha altura de 1,5 metros, ten raíces tuberosas de até 10 centímetros de longo por 1,5 de grosor. Ten grandes follas basais, de lóbulos ovados ou redondeados. Con flores de pétalos brancos hermafroditas e masculinas na umbélula primaria. O froito é cilíndrico, de ata 6 mm. de longo. Florece ao final da primavera e no verán.

Ecoloxía

Podemos atopala no norte de Europa e a rexión mediterránea, excepto nas illas baleares. Pola península ibérica e en puntos de América. Habita en ecosistemas húmidos como canles, ríos, mananciais, bordos de cursos de auga, lagoas. Crecen en chans acedos.

Usos

Toda a planta contén unha sustancia chamada enantotoxina a cal é extremadamente tóxica. En especial a raíz, onde está máis concentrada, pódese confundir con algunha especie como o ravo e chegar a causar a morte nalgúns casos en humanos. O envelenamento no gando é relativamente frecuente. En España está prohibida ou restrinxida pola súa toxicidade.

Ir al contenido