Erinaceus europaeus

Nome Común: Ourizo cacho

Nome científico: Erinaceus europaeus

Sabías que?

O ourizo leva no planeta Terra aproximadamente 15 millóns de anos. A día de hoxe é ilegal telo como mascota. Posúe entre 5000 e 7000 pugas que emprega como técnica de defensa. Os músculos aloxados nas súas costas son os que permiten que o animal saque ou agoche as pugas, usándoas como unha armadura. Gústalle comer insectos e durmir de día podendo roncar, é un animal nocturno. Ten un ouvido moi agudo xa que pode percibir ultrasóns. O ourizo cacho posúe unha forte inmunidade ao veleno de víbora, o que non significa que en determinadas ocasións a mordida do réptil non poida acabar coa súa vida. A súa resistencia ao veleno de serpe é entre 35 e 45 veces superior á que posúe unha cobaia e é capaz de tolerar dose de arsénico que poderían matar a 25 persoas.