Neomys anomalus

Nome Común: Musgaño de cabrera

Nome científico: Neomys anomalus

Sabías que?

É un bo indicador da pureza da auga de ríos e regatos, posto que habita en augas limpas e non contaminadas. Nada e mergúllase moi ben, permanecendo activo as 24 horas, Entre abril e setembro, que é a súa época de celo, son territoriais, loitan con frecuencia e berran forte. Teñen entre dúas e tres camadas ao ano, cun número de crías que oscila entre catro ou oito cunha esperanza de vida de entre un e dous anos. A súa alimentación é variada: insectos, outros invertebrados, peixes, ras... presas ás que localiza polo seu cheiro.
© Concello de Santiago
Ir al contenido