A diversidade botánica do parque de Eugenio Granell ofrece, en cada época do ano, unha enorme variedade de cores e texturas. Nel poderemos atopar tres zonas vexetais perfectamente diferenciadas:
Dende setembro de 2017, engalanando a contorna da carballeira do Restollal e representando unha gran onda, achamos a escultura Ríos de Ferro. Formada por pezas alongadas de ferro, esta escultura foi realizada por artistas da forxa de toda España no primeiro Obradoiro de Forxa, organizado polo Consorcio e o Concello de Santiago e llevado a cabo, en xuño de 2017, na praza da Quintana. A dirección da obra recaeu en Miquel Xirau e Santiago Martínez, ademais de en Óscar Aldonza, creador do deseño orixinal.
Para poder comunicar a zona da carballeira do parque de Eugenio Granell co barrio de Pontepedriña, así como cara a Cornes e Conxo, colocouse unha ponte de factura contemporánea que combina materiais modernos e unha estética vangardista.
Na parte baixa do parque, por outra banda, preto do acceso desde a rúa do Paxonal e do Restollal, hai unha fonte ornamental que pulveriza a auga e que, pola noite, grazas á súa iluminación, parece unha esfera de luz. E seguindo o itinerario dos camiños que ascenden a ladeira do parque, hai tres miradoiros, situados a tres alturas distintas, dende onde ollar vistas panorámicas de Santiago.