Malla

Nome Común: Sapo europeo

Nome científico: Bufo bufo

Sabías que?

O sapo común ou sapo europeo vive en todo tipo de hábitats na Península, o único requisito para a súa presenza parece ser que os seus lugares de reprodución teñan augas quietas ou lentas, preferentemente permanentes e con vexetación. Os seus ollos son característicos, teñen a pupila horizontal, ovalada ou romboidal. O iris pode ser dunha fermosa cor vermella ou cobre. Tamén son características as glándulas parotoideas que son alongadas e non paralelas. É unha especie terrestre que só visita a auga durante a reprodución. O apareamento prodúcese durante os meses de marzo e abril. Nesta época pódense ver durante o día en pozas, regatos, encoros... A femia pode pór até 7000 ovos en longas tiras.