Turdus merula

Nome Común: Merlo / Melro

Nome científico: Turdus merula

Sabías que?

Descríbese en moitos textos antigos: Aristóteles descríbeo no seu «Libro dos Animais». É unha ave grande e de cola longa, unha das aves máis populares e coñecidas. Posúe tons uniformes. É un animal moi intelixente, pode memorizar unha gran variedade de cantos que logo reproduce con estrofas breves e variadas. É capaz de imitar diferentes sons, podendo crear melodías complexas, moi similares a cancións, é por tanto unha ave en grao sumo melodiosa. Canto máis húmido é o día, con máis afán se empregará. Adoitan cantar na alborada e á tardiña, Ademais emite sinais sonoros para gran variedade de situacións como perigo, fuxida, ameaza, medo...