Epidalea calamita

Nome Común: Sapo corredor

Nome científico: Epidalea calamita

Sabías que?

É capaz de sobrevivir en zonas bastante secas sempre que dispoña polo menos dalgunha poza para reproducirse. Con extremidades relativamente curtas, especialmente as posteriores, é o único anuro que non salta. En lugar de brincar ou andar, desprázase con pequenos trotes ou corridas, o que dá lugar ao seu particular nome. É nocturno, pásase o día baixo pedras ou refuxios que escava. Cando o seu agocho non foi seguro e se atrapa, xorde unha das súas peculiares características: emite un berro especial, seguido por unha secreción glandular repelente. En época de reprodución é frecuente observar liortas entre machos. Algúns machos novos adoptan estratexias de macho satélite permanecendo en silencio xunto a machos cantando e tentando así obter amplexos coas femias que se aproximen atraídas polo canto.
Ir al contenido