Bubela

Nome Común: Bubela

Nome científico: Upupa epops

Sabías que?

Recobren os seus ovos cunha graxa que elas mesmas segregan, cargada dunhas bacterias que os protexe de infeccións e aumenta o seu éxito de eclosión. Existen referencias á bubela no Antigo Testamento na lista de aves non limpas ( Levítico 11:19 e Deuteronomio 14:18), pode ser debido á súa dieta e á súa fetidez. No Islam, asóciase co Rei Salomón (o profeta Suleyman para os musulmáns), quen fala cos animais; ela cóntalle sobre a raíña de Saba e o seu magnifico reino (Corán 27:20-28).
© Concello de Santiago
Ir al contenido