Viso peregrino

Monumento ao peregrino Monte do Gozo

Un lugar como o Monte Viso, activo desde o tempo dos romanos e dos suevos, tiña que acoller esa nova febre que invadiu Europa desde que, no século IX, apareceran na antiga Aseconia, uns restos que se atribuíron ao Apóstolo Santiago. Así, pola ladeira do Monte entrarían tamén os peregrinos do Camiño Francés, cunha variante da entrada principal por San Lázaro.
A tradición oral aínda lembraba, a mediados do pasado século, a peregrinos pasando polo Viso e baixando logo polo Gaiás cara o sepulcro.
O lugar de Lobio, no Viso, remítenos precisamente a esta tradición. Na súa etimoloxía “ lobio” pode proceder de “ fluvium”, río, pero tamén é camiño, ou camiño que segue o río, e tamén sepultura. E así emparenta con “Solovio” ou “ Solobio” = “ ipsum fluvium”, “ese río”. No lugar de Solovio foi onde a tradición sitúa o achado do corpo do apóstolo Santiago.

(Fonte: Dolores González de la Peña, 2013: https://arqueotoponimia.blogspot.com/2013/12/lobio.html)

Ir al contenido