Lenda de San Marcos

Estaba San Marcos de peregrino realizando o Camiño de Santiago pola zona da Lavacolla, cando coincidiu con outro peregrino. Tiña aparencia de experto e coñecedor do camiño, levaba colgando varias sandalias gastadas como mostra das súas pegadas.

Aproveitando que era falador, san Marcos pregúntalle se lle falta moito para chegar a Santiago e poder visitar o sepulcro, ao que o estraño lle contesta, que moito, que está moi lonxe do seu destino e que lle falta outro tanto como leva el andado, que terá que gastar outras tantas sandalias, xa que Santiago está ao final da Terra, ao outro extremo do mundo.

Esta resposta desanimouno xa que estaba moi canso e desistiu da súa peregrinación. Mandou construír unha ermida no lugar a, capela de San Marcos, e xa non andou os escasos km que lle faltaban para chegar á catedral.

A capela ten a peculiaridade de que a súa porta está orientada cara ao nacente e non cara ao poñente, como a maioría das igrexas. Naquela época chamábaselle rei da peregrinación ao primeiro do grupo que desde o monte do Gozo divisaba a catedral, feito que podería estar detrás do engano.

Ir al contenido