Etapa 7 Monte Santas Mariñas – Monte Gaiás

XIROS DE COMPOSTELA

As Brañas de Sar: Un espazo de transición entre a Arquitectura vangardista e a tradicional.

Esta etapa comeza no miradoiro de Santas Mariñas cunhas fermosas vistas de Compostela, para continuar baixando cara ás Brañas do Sar, zona parcialmente asolagada que permanece verde todo o ano, un remanso de paz no corazón de Santiago. O tramo, que  discorre paralelo ao río, é unha mostra do bosque de ribeira. Ao longo do camiño poderemos descansar nos seus bancos, gozando da conxunción do son da auga e da fauna, para continuar mergullándonos nun Santiago rural de sembradíos. Nas proximidades non podemos deixar de visitar o lavadoiro de Picaños e se queremos explorar algo máis, nos arredores atoparemos: muíños, acequias, a impresionante Colexiata de Sar, a Calzada ou Camiño Real e unha ponte románico. Continuamos o noso percorrido para penetrarnos no Bosque de Galicia, un espazo verde de especies autóctonas de 34 hectáreas. Camiño á cima do Gaiás poderemos deleitarnos de diferentes panorámicas da cidade a medida que avanzamos ata chegar ao culmen, presidido pola obra arquitectónica da Cidade da Cultura.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-7.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 2,9 km

Tempo estimado:0h 50´

Desnivel de subida: 129m

Desnivel de baixada: -125m

Tipo de percorrido: Travesía

Observacions: Debido ao seu réxime de protección, no tramo que discorre polo recinto pertencente ao complexo da Cidade da Cultura non hai sinalización do Xiro.

Como chegar

Monte Santas Mariñas

Inicio da etapa: coordenadas

Liña C6: Pol.Costa Vella / Amio / Rúa de la Estrada / Paxonal / Hórreo / Amio / Pol. Costa Vella. Parada: Rúa da Estrada

Liña 7: Rúa Valle Inclán / Sar / Aríns. Parada: Sar

Accesos dispoñibles

Chégase desde rúa Restollal, cara a rúa da Estrada.

E preto tamén podes ver

Lavadoiro de Picaños

Lavadoiro de Picaños

Un  peculiar lavadoiro de planta octogonal con oito postos de lavado situados nun conxunto de interese.

Coordenadas

Calzada de Sar

Calzada do Sar

Vestixios da Calzada medieval que coinciden co último tramo da Vía da Prata.

Coordenadas

Igrexa Santas Mariñas

Igrexa de Santas Mariñas

Capela de planta rectangular construída na ladeira do monte do mesmo nome.

Ten unha espadana na fachada principal

Coordenadas

Colexiata de Sar

Colexiata de Sar

Santa María a Maior e Real de Sar, unha xoia do románico á beira do Sar e data do Século XII

Coordenadas

Cruceiro de Sar

Cruceiro de Santa María de Sar

Situado na Vía da Prata trátase dun cruceiro de base cúbica e capitel con volutas, cunhas belas tallas da Virxe e Cristo

Coordenadas

Tamén che pode interesar

Sar, un barrio con Historia e Historias

Sar, barrio que medrou á beira dese río xoguetón que nace en Bando, que aparece e desaparece ata tomar forma e que lle da nome ao barrio, configurando en boa medida a súa vida e arquitectura. Barrio con sabor e tradición, aldea medieval que naceu entorno ao Camiño Sur de entrada a Compostela, a Vía da Prata, aquel camiño polo que entraban peregrinos, xentes  e mercadorías que fornecían á cidade: o viño do Ulla e do Ribeiro, o cereal proveniente de Castela, etc,… que cruzaban a muralla para penetrarse na cidade polas portas de Mazarelos ou da Mámoa. Hoxe, parte xa da cidade, segue conservando o seu sabor tradicional, coas súas hortas cultivadas, as súas casas tradicionais, os seus lavadoiros, muíños, canles, etc,… mostra da rica etnografía do barrio, testemuña dun pasado vinculado á explotación da terra. Falar de Sar, é falar de Historia, da súa Calzada Real, antiga vía medieval da que aínda se conserva un tramo, da súa impresionante Colexiata , o edificio románico mellor conservado da cidade, cos seus muros e columnas desafiando a lei da gravidade, a  bela ponte románica de tres arcos…. Sar, ademais  ten a sorte de contar con un ecosistema privilexiado: as súas Brañas, humidal de 33 hectáreas mostra de biodiversidade e do que se constata uso agrícola  desde o século V. Lugar de esparexemento e encontro,  foi a antiga praia compostelá.

Ribeira do Rio Sar

O Sar e as súas Brañas

Descobre un espazo rico en biodiversidade co Sar de guía…

Follow a manual added linkFollow a manual added link
Ponte de Sar

Sar Patrimonial

Un paseo por un barrio con séculos de Historia

Follow a manual added linkFollow a manual added link
Ir al contenido