Etapa 5 Monte Vidán – Monte Conxo

XIROS DE COMPOSTELA

De Vidán a Conxo, do Camiño de Fisterra ao Portugués, novas sendas para percorrer.

Desde o miradoiro de Vidán, deixando atrás as vistas á catedral, continuamos a nosa andaina polo Camiño de Fisterra para desviarnos a pouca distancia por un carreiro que nos levará a Vidán. Entraremos nun pequeno val que forma o Sar e o seu afluente o Sarela, cos seus muíños, curtidoiros e pontes, mudos testemuños de pedra dunha tradición e dun rico pasado onde a vida social e económica xiraban en torno á auga e que hoxe, nostálxicos, miran pasar o camiñante.

Pasando pola ponte de San Domingos, cruzaremos a estrada de Noia para dirixirnos cara á rúa dos Chouchiños, atravesando unha aldea coas súas hortas onde aínda se respira o sabor tradicional.

Avanzaremos ata chegar ao Camiño Portugués, onde poderemos admirar a ponte dos Muiños de Carmela. Seguindo o leito do río, cruzaremos o túnel para chegar ao barrio de Volta de Castro en Conxo onde, serpeando entre as rúas, percorreremos Torrente, lugar de interese etnográfico. Atravesaremos o río por unha ponte de pedra para continuar unha senda de recente creación, próxima ao antigo túnel do ferrocarril, que culmina no miradoiro do monte de Conxo onde poderemos gozar das vistas de Compostela desde outra perspectiva.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-5.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 4,644 km

Tempo estimado: 1h 38´

Desnivel de subida: 169 metros

Desnivel de baixada: -141 metros

Tipo de percorrido: Travesía

Como chegar

Liña P1: San Caetano/Figueiras/Folgoso

Parada en Sarela de Abaxo, 53, e comezamos a baixar ata atopar o Camiño De Fisterra

Accesos dispoñibles

Rúa Sarela de Abaixo, 53 – 15898

Santiago de Compostela, A Coruña

E preto tamén podes ver

Fábrica do Pego

Local social de Vidán, antiga Fábrica de Papel de Brandía

É unha construción de cantería de planta cuadrangular á que se arriman varias edificacións en  L. Está situada ó lado do Parque de Brandía.

Coordenadas

Igrexa de Vidán

Igrexa de Vidán

Construída en 1995 con planta rectangular e ábsida cadrada. Campanario con un piñón. Ampla porta adintelada con marco plano e varilla que coroa o dintel sobre o que se debuxa un semicírculo ou arco rebaixado.

Coordenadas

Castelo da Rocha

Castelo da Rocha ou da Rocha Forte

Conta a historia, que estes restos arqueolóxicos son dunha fortaleza medieval construída por Juan Arias ao redor dos anos 50 do século XIII e destruído pola revolta irmandiña entre os anos 1.467 e 1.469.

Coordenadas

Petróglifo de Conxo

Petróglifo de Conxo

É un xacemento arqueolóxico, o máis destacado do Parque Compostelán Rupestre, nel está o petróglifo de armas máis coñecido de Galicia e está dentro do Castriño de Conxo. É un dos máis estudados na actualidade, por moitos arqueólogos.

Coordenadas

Tamen che pode interesar

A alianza entre a natureza e a creatividade humana confórmase como o motor económico da zona

Se nos adentramos no tramo que une Vidán e Conxo non podemos deixar de falar do río Sarela e do Sar,  así coma de todo o patrimonio vinculado a eles.

Precisamente durante este tramo podemos desfrutar e admirar unha dobre vertente: por un lado un contorno natural dunha beleza excepcional e por outro lado un conxunto de elementos (muíños, pontes, pontellas, presas…) que parten da actividade humana que nos ilustran como foi a vida séculos atrás e como se mantivo en equilibrio ao longo dos anos.

Podemos imaxinar con facilidade como o tempo de traballo e espera na moenda, daba lugar a conversas onde os amores, as lendas, a música e o baile ían da man.

Nesta etapa en distintos momentos desfrutaremos de tramos do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra onde poderemos coincidir con algún peregrino en deleite da experiencia a prol das súas arelas.

O Camiño Portugués adquiriu protagonismo no século XII época na que varios reis lusos o potenciaron a través das súas peregrinacións.

O Camiño  de Fisterra: é a única ruta cuxa orixe está na Catedral e remata en Fisterra (o que ata finais da Idade Media era o extremo occidental do mundo).

Link to: xp-Etapa 5 – SarelaLink to: xp-Etapa 5 – SarelaLink to: xp-Etapa 5 – PuentesLink to: xp-Etapa 5 – Puentes
Link to: xp-Etapa 5 – MolinosLink to: xp-Etapa 5 – MolinosLink to: xp-Etapa 5 – Historia MolinosLink to: xp-Etapa 5 – Diferentes construcciones funcionamiento molinos
Link to: xp-Etapa 5 – Camino de SantiagoLink to: xp-Etapa 5 – Camino de SantiagoFollow a manual added linkLink to: xp-Etapa 5 – Camino Portugués
Ir al contenido