Chioglos lusitánica spanien

Nome Común: Salamántiga rabilonga

Nome científico: Chioglossa lusitánica spanien

Sabías que?

Especialmente activa durante a noite e o solpor, aínda que pode manter certa actividade diúrna. A salamántiga rabilonga ten un corpo moi alargado, podendo alcanzar os 16 cm., a cabeza esmagada e as extremidades curtas. A súa cola mide aproximadamente os 2/3 da lonxitude total e é capaz de autotomizarse (se a agarras pola cola, pódea soltar e rapidamente rexenérase, aínda que esta nova cola non vai ser tan longa como a orixinal). Captura os seus alimentos grazas á súa lingua protráctil, unha lingua longa e pegañenta, que lle permite atrapar alimentos a certa distancia sen ter que chegar até eles. Este anfibio vive principalmente en zonas de orografía accidentada, moi húmidas, con regatos e vexetación densa e en xeral en augas limpas, polo que en Galicia é moi abundante.
Ir al contenido