Piñeiro

Nome Común: Piñeiro

Nome científico: Pinus pinaster

Sabías que?

O piñeiro galego, tamén coñecido como piñeiro bravo ou do país, ten unha gran vinculación con Galicia, pois os estudos palinolóxicos identificaron a súa presenza na comunidade desde hai polo menos 4000 anos.

Descrición

O Piñeiro galego (Pinus pinaster) debido ao seu bo crecemento e adaptación ó solo de Galicia, foi a especie máis utilizada. É unha especie arbórea da familia das pináceas que se estende por España. O piñeiro é unha árbore de tamaño mediano 20 a 35 metros, de 1,2 m. de tronco, excepcionalmente alcanza ata 1,8m., con frecuencia enroscado na base. Cunha cortiza vermella alaranxada, grosa e fondamente agretada sobre todo na base. A súa copa é irregular e aberta. As acículas encóntranse en pares, son grosas e largas, de 12 a 22 cm. De largo, de azul verdosa a amarela verdosa. As súas piñas son cónicas de 10 a 20 cm de largo e 4 a 6 cm. de ancho cando están cerradas. Verdes ao principio para pasar a un marrón avermellado aos 24 meses, que abren, ensanchando ata uns 8 ou 12 cm. de ancho. E os piñóns son de 8 a 10 mm. cunha á de 20 a 25 mm. que dispersa o vento.

Ecoloxía

É un piñeiro amplamente extendido por todo o atlántico do sur europeo, por España, Nova Aquitania (Francia), Portugal, sur de Francia, Italia, Marrocos e algunha poboacións de Alxeria e Malta. No interior de Galicia, en Lugo e Ourense, combinouse o piñeiro do país co piñeiro silvestre (Pinus sylvestris).

Usos

Grazas ao principio activo leucocianidol que posúe propiedades é usado como antihemorráxico e vitamínico P, controlando a permeabilidade e aumentando a resistencia capilar. Os taninos son adstrinxentes (antidiarréico, hemostático local, cicatrizante). A trementina e a súa esencia teñen unha acción expectorante, antiséptico de vías respiratorias e urinarias (urinario) e, en uso tópico, é rubefaciente. Para afeccións respiratorias como a rinite, sinusite, larinxite, asma, afeccións urinarias. Varices, hemorroides, fraxilidade capilar.

Ir al contenido