Molinia caerulea

Nome Común: Molinea

Nome científico: Molinia caerulea

Sabías que?

Nos Montes de Toledo recóllese esta planta en setembro. Límpanse e só se deixa o talo co que se elaboran unhas vasoiras fortes, que son empregadas para varrer eiras e currais.

Descrición

É unha herba da familia das gramíneas. Perenne, desenvólvese en situacións asolladas ou parcialmente asollada, pode adaptarse a emprazamentos sombríos. Necesita chans húmidos para desenvolverse adecuadamente Con talos erectos, nodosos, ríxidos de até 2,5 m de altura. Follas lineares, planas ou algo enroladas. Flores en panícula ramosa de até 40 cm. de lonxitude. Con espigas pequenas lateralmente comprimidas, frecuentemente tinguidas de púrpura. Florece na primavera e verán.

Ecoloxía

Podemos atopalas en prados húmidos, zonas higroturbosas e marxes de arroios, breixeiras gran parte do ano. Con preferencia polos chans nos páramos pobres e ácidos. Esténdese pola maior parte de Europa, este de Asia, norte de África e leste de Norteamérica.

Usos

Como vasoira para varrer eiras e currais. Tamén se empregaba tradicionalmente como recheo de colchóns.

Ir al contenido