Mentha suaveolens

Nome Común: Mentraste

Nome científico: Mentha Suaveolens

Sabías que?

Esta planta é usada no Estado mexicano de Oaxaca para regular a menstruación.

Descrición

É unha planta perenne de crecemento rápido, aromática, con talos subterráneos rizomatosos, ás veces estolonífera. Formada por unhas pequenas follas ovaladas de cor verde-amarela e polas súas flores de cor branca rosadas que nacen en espigas durante o verán.

Ecoloxía

Vive en zonas húmidas, tanto en chans acedos(preferiblemente) como básicos e o suficientemente nitrificados. Entre o nivel do mar e 1600 m de altitude.

Usos

As follas e talos con flores son antiasmáticas, carminativas e estimulantes; a infusión elaborada con elas é empregada para tratar febres, dores de cabeza, e problemas dixestivos e para escorrentar aos mosquitos e pulgas. Tamén ten capacidade antiséptica e expectorante e carminativa. En Tiaxcala, Estado de México, emprégase para curar a rabia dos cans. As follas usábanse como aromatizantes en ensaladas e guisos. Houbo quen a utilizou en infusións de menta.

Ir al contenido