Distintas construcións para que o muíño funcione

Muíño de Carmela parte dianteira

A nivel externo, fóra da edificación do muíño

Presa: (guiar ou acea) mediante unha construción de pedra crea un pequeno embalse que almacena auga que salva o desnivel do álveo ou leito fluvial e desvía a auga para o muíño a través da gabia e a canle.

Gravada, gabia ou loada: simple rego cavado na terra para a condución da auga cara á canle do muíño.

A canle: á a encargada de  guiar a auga ao rodicio. Feita con lousas laterais e no fondo, aumentaba a presión da auga mesmo cun caudal pequeno. O líquido entra por unha peza, ben de madeira ou de pedra, chamada billote, que se pode abrir e pechar desde o interior do muíño. A auga que pasa por el forza o movemento das pezas.

Ramón Otero Pedrayo
Casa muíño
Inferno

A nivel interno, dentro da edificación do muíño.

Polo que se refire á edificación do muíño e aos seus mecanismos internos encontramos:

Pousadoiro: simple peza de pedra que sobresae da parede ao lado da porta do muíño e que serve para pousar os sacos co gran ou fariña. 

Inferno: é unha cavidade situada na parte inferior do muíño que acubilla o rodicio. Está formado por dúas paredes laterais,  unha delas cun pequeno oco para o billote e a parte frontal, chamada reo. Nesta hai outro oco (ou ocos) por onde sae a auga despois de mover o rodicio.

Tremiñado: situado sobre o inferno, é o espazo onde se fai a moenda. A  súa planta divídese en dúas partes: unha co piso de madeira, de pedra ou terreo, e outra  feita con grandes pedras que salvan a distancia que hai entre os muros laterais do inferno aguantando o peso do pé e da moa.

Roda: é o elemento que pon en movemento a peza de moer. Pode ser horizontal ou vertical. O primeiro é o rodicio e o segundo a bruia. O rodicio é a propia dos muíños do mesmo nome. Polo xeral é de madeira ou de ferro,  cunhas aspas en forma de culler e dispostas radialmente chamadas penas. A presión da auga pona en movemento. Un eixe move a peza de  moer.

Bruia: peza de maiores dimensións e fixada a un eixe horizontal que fai chegar o seu movemento á peza de moer que transforma a rotación vertical da roda nunha rotación horizontal.

Peza de moer: dentro do muíño, ten varias partes: a moega, ou caixa de madeira en forma de pirámide invertida e aberta na parte superior para poder botar o gran, pola parte inferior os cereais caen nunha canle de madeira, chamada quenlla ou adella. A quenlla mide como cae o gran e diríxeo cara ao ollo da moa, feito no centro. Por el o gran métese entre a moa e o pé.

Pé: peza de pedra con forma circular, fixa, moi sólida, sobre a que se coloca a moa, tamén de pedra, pero de menor tamaño e móbil, esta ao xirar desfai o gran contra o pé. Das xuntas entre a moa e o pé sae a fariña que vai caer no farneiro. Segundo o gran, as pezas de moer son de distinta calidade e reciben distintos nomes: as albeiras, para moer o trigo e o centeo; e as do país ou  pedra mourenza, para o millo.

Muíño
Ir al contenido