Camiño Portugués

Camiño Portugués

O Camiño Portugués adquiriu protagonismo sobre todo a partir do século XII, despois de que Portugal acadara a independencia. No seu trazado atopamos camiños antigos, como a estrada  XIX, do século I d.C. que unía Braga con Astorga a través da Ponte de Lima, Tui, Pontevedra, Santiago e Lugo, vía romana das máis importantes que cruzaba Gallaecia. Tamén podemos ver algunha variante do camiño pola costa.

A coroa lusa contribuíu decisivamente ao asentamento deste camiño. A pegada no país veciño influíu na propia configuración da rede viaria de sur a norte.

O século de menor número de peregrinacións foi o XIX, debido á Revolución Francesa e á invasión de España polas tropas napoleónicas. Aínda así, foi a vía xacobea máis activa.

Hoxe en día ocupa o segundo lugar en afluencia de peregrinacións

Actualmente, este camiño dende a linde portuguesa son 118,6 Km, divídese en 6 etapas. Estas etapas son:

-Etapa 1. Tui-O Porriño  de 18,3 Km.

-Etapa 2. O Porriño-Redondela  de 15,6 Km

-Etapa 3. Redondela-Pontevedra de 18,2 Km

-Etapa 4. Pontevedra- Caldas de Reis de 23Km.

-Etapa 5. Caldas de Reis- Padrón de 18,7 Km.

-Etapa 6. Padrón- Santiago de 24,8 Km.

O Camiño Portugués en terras de Santiago transcorre durante un 7,6 Km polo concello dende   O Milladoiro _ “humilladoiro”,  onde se supón que por primeira vez se axeonllaban cando vían a catedral dedicada o apóstolo. Adéntrase pola Rocha Vella seguindo o río Sar que fai de fiel compañeiro ata que se separa para elixir calquera das opcións, ou ben por Santa Marta de Abaixo  coa súa capela e a rúa de Rosalía de Castro ou ben polo barrio de Conxo.

A Porta Faxeira (trátase dunha das antigas portas da muralla da Cidade Vella) e despois a rúa do Franco condúcennos á catedral entrando tradicionalmente pola praza das Praterías.

Ir al contenido