Etapa 3 Monte de Deus – Monte Pedroso

XIROS DE COMPOSTELA

Un tramo para descubrir o río Sarela e o seu rico patrimonio etnográfico, mostra de cultura tradicional e gozar das privilexiadas vistas que che ofrecen os cumios.

Partindo do Monte de Deus, co panorama más verde do casco urbano, descenderemos cara ao río Sarela nun diálogo entre o rural e o urbano. Nas proximidades do Sarela poderemos deleitarnos cun curtidoiro, fontes, lavadoiros e unha lendaria ponte. Durante unha fermosa camiñada pola ladeira do Pedroso, onde o monte é o principal protagonista, non podemos deixar de reparar na aldea de Montes, onde as súas construcións tradicionais, así como os seus abundantes lavadoiros, nos trasladarán ao pasado. De Montes seguiremos até a Granxa do Xesto, unha zona perfecta para visitar con nenos, cun parque infantil, as súas charcas naturais nas que poderemos ver nenúfares, ras ou cabalos do demo e onde, ademáis, poderemos merendar nas zonas habilitadas. No último tramo da etapa cara á cima do Pedroso, seguiremos un fermoso via crucis que finaliza cunha cruz de máis de vinte metros de altura na parte máis alta do monte, cun miradoiro con vistas que acadan até o monte Picudo, situado no Concello de Rianxo, a máis de 25 km. de distancia e desde o que podemos contemplar todos os montes que circunvalan Santiago e polos que atravesa este Xiros dos Montes de Compostela.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-3-es.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 5,286 Km

Tempo estimado: 1h 45´

Desnivel de subida: 269 m

Desnivel de baixada: -122 m

Tempo de percorrido: Travesía

Como chegar

Monte de Deus

Inicio da etapa: coordenadas

Liña 15: Campus Sur / Praza de Galicia / Campus Norte / Vite de Arriba. Parada: Vite de Arriba

Accesos dispoñibles

O acceso ao Monte de Deus: pódese facer vía urbana até Campus Norte, desde alí sóbese ao miradoiro a través do parque que linda con Cima da Eira.
Para llegar en coche: tómase a estrada até Campus Norte e logo sóbese por rúa dos Cabalos até ver o aparcadoiro, situado no mirador do Monte de Deus.

E preto tamén podes ver

Vistas desde o Monte de Deus

Miradoiro alto do Monte de Deus

No Monte de Deus podemos atopar, subindo a colina, un miradoiro extra con vistas até o Gaiás.

Coordenadas

Centro Social Romaño

Centro Social Romaño-Vista Alegre

Cunha estrutura modernista, esta obra arquitectónica é a máis chamativa da zona.

Coordenadas

Muíño de Avío

Muíño do Avío

Tras un traballo de restauración, este muíño volva a deslumbrar coa súa presenza. A súa estrutura amósanos como eran os muíños do Sarela.

Coordenadas

Aldea de Montes

Aldea de Montes

O granito, aínda que escaso en Compostela, é desde a prehistoria o material más utilizado nas estruturas das aldeas da zona.

Coordenadas

Capela de San Paio do Monte

Igrexa de San Paio

A súa orixe relaciónase coa visita de San Francisco a Compostela en 1214. É de estilo románico do s. XII e reedificada en 1753.

Coordenadas

Tamén che pode interesar

O Sarela, enclave de oficios tradicionais e industrias

Un dos protagonistas deste tramo é o río Sarela, afluente do Sar, que conta cun rico patrimonio etnográfico, testemuña da importancia da auga na vida e na actividade económica compostelá, que nos fala da transcendencia que tiveron no pasado os curtidoiros, lugares onde se curte e traballan as peles. No ano 1841 contabilizábanse na cidade un total de catorce, unha actividade de gran raizame durante os séculos XVIII e XIX, momento no que comeza o seu declive.

Os curtidoiros ou pelamios, adoitaban situarse nos arredores das cidades. Esta localización máis periférica, debíase ao mal cheiro que se desprendía no proceso tradicional de transformación do coiro, o que os convertía nunha actividade “molesta”. A auga era un elemento indispensable para os procesos de curtido e acabado, por iso a localización á beira do río proporcionáballes este insumo.

Pero o río Sarela atópase tamén moi vinculado a outros oficios tradicionais e coñeceremos así un pouco máis do oficio de lavar e dos lavadoiros…

Neste tramo ademais poderás percorrer parte do via crucis franciscano que parte desde a costa de Santa Isabel e culmina na cima do Pedroso.

Curtidoiro

A industria do coiro

Sabías que Santiago foi, xunto coas vilas de Noia e Allariz un referente na industria da transformación do coiro?

Follow a manual added linkFollow a manual added linkFollow a manual added link
Follow a manual added linkFollow a manual added link
Ir al contenido