Talpa occidentalis

Nome Común: Toupa ibérica

Nome científico: Talpa Occidentalis

Sabías que?

Posúe unha vista case nula e uns sentidos do olfacto e oído moi pobres, porén o seu tacto atópase moi desenvolvido nos pelos do fociño e do rabo, podendo detectar presas a un metro de distancia. Son activos todo o ano, saíndo de caza varias veces ao día, pero nunca durante a noite. As horas de maior actividade son durante a alborada, ao mediodía e ao solpor. A toupa constrúe un niño novo cada outono e a femia pare unha soa vez ao ano, entre tres e cinco crías.
Ir al contenido