Sapo parteiro común

Nome Común: Sapo parteiro

Nome científico: Alytes obstetricans

Sabías que?

É un sapo pequeno, de 5 cm. con aspecto voluminoso, cabeza grande, fronte redondeada e ollos prominentes. A pel é granulosa con verrugas pequenas. Cando se sente ameazado emite un veleno con cheiro parecido ao allo. O macho parteiro, coida moito a súa descendencia: Até que nacen as larvas, transportan os ovos enrolados nas súas patas posteriores. Tamén axudan ás larvas a saír dos ovos grazas aos movementos das súas patas traseiras. Naquelas zonas onde vai moito frío no inverno, as larvas permanecen nun estado parecido á hibernación, polo que non experimentan a metamorfose até a primavera seguinte.
Ir al contenido