Salicaria

Nome Común: Salicaria

Nome científico: Lythrum salicaria

Sabías que?

O nome xenérico "Lythrum" deriva do grego e fai referencia á cor dos pétalos, que se parecen á cor da sangue das feridas. O nome específico "salicaria" fai referencia a que as súas follas lembran ás dos salgueiros.

Descrición

Planta herbácea semiacuática perenne que pode medir 2 metros de altura. As súas follas verdes escuras teñen forma lanceolada, oposta e enteira. A súa flor distribúese en espigas de cor púrpura.

Ecoloxía

Procede de zonas húmidas de Europa e Asia. Pódese atopar nas beiras de arroios, canles ou prados húmidos. Non é moi esixente coa luz, xa que pode sobrevivir ao sol e á sombra. É unha especie exótica invasora moi resistente a pragas e enfermidades e de fácil propagación.

Usos

En medicina pódese usar como adstrinxente, como antibiótico para tratar o tifo, desinfectante natural en casos de enterite. Antigamente tamén se utilizaba para deter algunhas hemorraxias. En uso externo, é eficaz para a limpeza de feridas, xa que ten propiedades cicatrizantes; lavados vaxinais e para as úlceras varicosas. En canto aos seus usos nutricionais, os gromos novos e a medula dos talos fervidos pódense consumir en combinación con algunhas legumes. Pódense facer infusións coas súas follas, que son ricas en calcio.

Ir al contenido