Salamandra salamandra

Nome Común: Píntega

Nome científico: Salamandra salamandra

Sabías que?

Este anfibio é unha especie nocturna, sobre todo os exemplares adultos , móvese máis á noitiña e ao amencer, e de día en tempo chuvioso.Durante o día refúxiase en ocos do terreo, troncos caídos, baixo pedras.... As píntegas son bastante sedentarias e territoriais. Móvense con lentitude, normalmente nun radio de entre 10 e 20 metros, polo que é moi sinxelo volver observar o mesmo exemplar durante varias noites. Ao ser capturada e manipulada, segrega un líquido branco e espeso que en contacto coa boca, ollos ou nariz, produce irritación. A píntega adoita vivir en liberdade normalmente até uns 20 anos, aínda que en catividade pode durar até 50 anos.
Ir al contenido