Potentilla erecta

Nome Común: Pan e queixo, se en rama, solda brava

Nome científico: Potentilla erecta

Sabías que?

Antigamente empregábase en curtidoiros para tinguir o coiro de vermello.

Descrición

É unha planta perenne que pode alcanzar os 1-3 dm de altura. Ten o talo longo feble, as súas follas radicais teñen longos pecíolos. As súas flores son de cor amarela con pétalos anchos que crece no extremo dun talo longo. A corola e o cáliz divídense en catro segmentos. Adoitan ter pétalos máis longos que os sépalos.

Ecoloxía

Crece en zonas húmidas, marxes de camiños, beiras da auga e claros de bosque, en chans acedos como en básicos. Entre 0 e 2000 m de altitude.

Usos

Coa raíz elabórase unha loción como remedio para a diarrea. En tempos de escaseza as súas flores consumíronse como alimento.

Ir al contenido