Glebionis segetum

Nome Común: Pampullo

Nome científico: Glebionis segetum

Sabías que?

Na Escocia do S.XII o carácter de praga do pampullo motivou que se castigase cunha multa por valor dunha ovella a aquel que permitise que tan só unha planta producise sementes nun dos seus terreos cultivados.

Descrición

Planta herbácea perenne que pode chegar a alcanzar os 80 cm. de altura, con follas de 5-20 cm. de lonxitude dispostas en espiral e flores dun amarelo intenso.

Ecoloxía

Orixinariamente endémica da rexión mediterránea oriental, foise implantando na Europa occidental, central e setentrional segundo foi expandíndose o cultivo da terra por parte do ser humano. A súa natureza invasora fixo que lla considerou unha mala herba en diversas ocasións, como se mencionou anteriormente.

Usos

En Grecia, os seus brotes tenros utilízanse como ingrediente para a ensalada ou salteados con aceite de oliva.

Ir al contenido