Sabías que?

No mundo existen máis de 600 mil tipos coñecidos de fungos e que arredor do 0,1% son comestibles. Segundo o laboratorio micolóxico da Universidade de Vigo, en Galicia medran unhas 1.600 especies de cogomelos, das cales 10 poden resultar mortais.

Neste xiro podemos descubrir o apaixonante mundo dos cogomelos, convertendo a nosa saída, en función da época do ano en que a fagamos, nunha ruta micolóxica cunha paraxe natural ideal xa que as choivas, tan habituais en Santiago, agasállannos un escenario perfecto para a vida de múltiples cogomelos nos montes e carreiros que medran máis na tempada húmida.

Esta será outra forma de achegarnos ao medio natural. Asombrarémonos coa súa diversidade e polas súas variables formas cores, todas elas por descubrir. Algunhas variedades das que encontre serán comestibles, constituíndo unha moi boa proposta gastronómica.

Os fungos considéranse un reino diferenciado, o reino micetal ou reino fungi. Non son plantas ni animais.
O cogomelo, chamado carpóforo pola Botánica, é a parte visible do fungo e podemos observala no chan, na cortiza de árbores ou en restos orgánicos. No seu interior leva as esporas que ao xerminar podan dar lugar a outros fungos novos. A partir del é posible identificar a especie de fungo. Con todo, incluso na mesma especie os cogomelos, pode variar a aparencia.
Os fungos serven de alimento a numerosos animais e son os responsables do 90% da descomposición de restos orgánicos, constituíndo un elo imprescindible aínda que descoñecido na natureza.

Non todos os cogomelos son comestibles, algúns son velenosos ou tóxicos. A toxicidade prodúcese ao inxerilos, non polo contacto. Incluso hai especies que son tóxicas en cru pero que unha vez fervidas se poden consumir. Non hai ningún truco para saber cales son comestibles ou velenosos para o ser humano, só o seu coñecemento exacto fará que non corramos riscos e evitemos desenlaces tráxicos.
A Amanita phalloides é o cogomelo que máis intoxicacións provoca e as consecuencias da súa inxestión poden chegar a ser mortais.

Non debemos nunca recoller especies que descoñezamos. En caso da máis mínima dubida debemos absternos aínda que iso non quere dicir que non poidamos gozar de buscalos e admiralos.

Como se deben recoller os exemplares?

Á hora de ir recoller cogomelos en Galicia temos que saber que a normativa, recolle o dereito das persoas titulares dos montes á reserva do aproveitamento mediante o acoutado das propiedades e establece tres tipos de aproveitamentos:

  • Para consumo propio, até 2 kg por persoa e día.
  • Comercial, de máis de 2 kg por persoa e día, requirindo autorización da persoa propietaria.
  • Científico ou didáctico: limitado a 5 exemplares por especie e debe de acreditarse.
Salix humboldtiana

Boas prácticas que se deben seguir en Micoloxía

  • Respectar a flora e a fauna.
  • Informarse dos valores ambientais do espazo onde se realice a actividade e das posibles restricións que existan, solicitando as autorizacións pertinentes.
  • Ter en conta as limitacións establecidas na lexislación vixente para cada tipo de aproveitamento (consumo propio, comercial ou científico-didáctico).
  • Se a actividade implica a recollida de cogomelos para consumo, nun espazo no que este permitido, cómpre recordar sempre o seguinte:
  • Só recolleremos os cogomelos que coñezamos con absoluta seguridade, fixándose en todas as súas estruturas (pé, sombreiro, anel, volva etc.).
  • Non existen regras para coñecer se un cogomelo é comestible ou tóxico que non sexa a súa identificación precisa.
  • Se non se ten experiencia debe empezarse recollendo para consumo soamente especies de fácil identificación e sen confusións perigosas, consultando as dúbidas en libros especializados e con persoas experimentadas ou asociacións micolóxicas e non fiándose soamente do parecido con fotos de libros ou imaxes de internet. Revisar ben e non mesturalas para evitar consumos dubidosos.
  • Recoller soamente cogomelos en bo estado, evitando exemplares vellos, pasados ou con parasitos.
  • Gardar algún exemplar que se consuma para que nos axude en caso de intoxicación. Se existen sospeitas de intoxicacións acudir canto antes ao centro sanitario máis próximo e se é posible levar algunha mostra. Algunhas especies comestibles son mal toleradas por certas persoas.

O Decreto 73/2020 establece que

  • A extracción dos cogomelos debe ser completa, axudándonos de navallas ou similares para a súa correcta identificación. Hai que deixar a zona nas condicións máis orixinais posible.
  • Os recipientes usados para o traslado e almacenaxe dos cogomelos terán que ser cestas ou recipientes de material permeable, abertos pola parte superior.
  • Está prohibido remover o chan de maneira que se altere ou prexudique a cuberta superficial do mesmo (con excepción de fungos subterráneos,) e o uso de ferramentas con matices.
  • Está prohibido romper ou deteriorar calquera cogomelo que non sexa obxecto de recolección, excepto roturas puntuais de algún exemplar necesarias para a correcta identificación, recoller cogomelos moi novos ou moi vellos, usar bolsas de plástico ou similares, recoller ou estropear exemplares de especies protexidas, tampouco poderemos recoller setas de noite.
Lavandeiras

TELÉFONOS ÚTILES EN CASO DE INTOXICACIÓN

Instituto Nacional de Toxicoloxía- Tfno. 91.562.04.20

 Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias. Laboratorio de Micoloxía- Tfno. 986.81.25.99

Grupo Micolóxico Galego-Tfno. 629.22.03.87

Ir al contenido