Laurus nobilis

Nome Común: Loureiro

Nome científico: Laurus nobilis

Sabías que?

Loureiro é a orixe dos vocábulos "laureado" e "bacharel", este último do latín BACCALAUREATUS, onde aparede LAUREATUS, que recibiu os "loureiros" do seu título académico. A adiviñación mediante follas de loureiro chámase dafnomancia.

Descrición

O loureiro é unha árbore dioica, perennifolia, de 5-10 m de altura, cun tronco recto coa cortiza gris e a copa densa, escura, con follas azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea, aromáticas, co bordo en ocasións algo ondulado. Os ápices miden uns 3-9 cm de lonxitude e posúen un pecíolo curto. O dereito é de cor verde escura lustroso, mentres que o envés é máis pálido. As flores están dispostas en umbelas sésiles de 4-6 flores marelas de 4 pétalos que aparecen en marzo-abril e que están envolvidas antes de abrirse nun involucro subgloboso. O froito é unha baga, ovoide, de 10-15 mm, negra na madurez. Ten semente única de 9 por 6,5 mm, lisa. Madura a principios de outono. Na península Ibérica distribúese no norte e no oeste, nas rexións de clima mediterráneo-húmido. No leste, na área na área mediterránea, non forma grandes masas (pola seca do verán) e refúxiase en barrancos e en valgadas, e no centro da península non está presente debido ao clima continental.

Ecoloxía

Normalmente pode crecer en lugares de clima suave e fresco como acompañante doutras formacións arbóreas de folla caduca, aínda que algunhas veces forma pequenos bosques. Adoita estar asociado a lugares próximos ao mar, barrancos e valgadas húmidas e avesías, sobre calquera tipo de solo. Non ascende moito en altitude porque lle afectan as xeadas.

Usos

Serve para aliviar as dixestións pesadas, prevén a acidez e reduce os gases. Pero, ademais, o loureiro serve para tratar afeccións do aparello respiratorio, é diurético e ata se emprega para elaborar produtos cosméticos. Dous dos seus compoñentes, o cineol e o euxenol, son os que lle outorgan ao loureiro a súa propiedade principal: facilitar as dixestións. Así mesmo ten a propiedade de mellorar e estimular o apetito, polo que en tratamentos de fisioterapia destinados a persoas que necesitan gañar peso recoméndanse as infusións de loureiro. Pódese usar de forma tópica para rexenerar a epiderme ou tratar afeccións da pel causadas por fungos, así como contusións, queimaduras, úlceras, accesos ou acne.

Ir al contenido