Macrolepiota procera

Nome Común: Choupín ou Chouparro

Nome científico: Macrolepiota procera

Sabías que?

Existen varias Lepiotas con sombreiros menores de 7 cm de diámetro que adoitan ser velenosas, moi similares á Macrolepiota procera, polo que NUNCA se deben de colleitar exemplares pequenos para evitar riscos.

Descrición

Os exemplares novos teñen o sombreiro cerrado de cor marrón pálida, que co tempo se abre e pode chegar a alcanzar un diámetro de ata 40 cm. Presenta escamas aplanadas e escuras, que irradian desde o centro, onde se sitúa un núcleo escuro. As láminas son libres, brancas e apertadas. No pé, longo ata os 20 cm, sitúase un anel móbil e dobre, tamén cuberto de escamas, que se separa de xeito sinxelo do sombreiro.

Ecoloxía

Crece en moitos hábitats: prados, claros de bosques, cunetas, bordos de camiños etc. Frutifican de verán a finais de outono.

Usos

Culinario: Excelente para comer, adoita consumirse á prancha ou en empanada. O pé cómpre retiralo porque é leñoso.

Ir al contenido