Populus spp

Nome Común: Chopo

Nome científico: Populus spp

Sabías que?

Moitas culturas ao longo da historia atribuíronlle ao chopo, propiedades curativas e místicas, usando en ocasións as súas pólas flexibles para espantar os malos espíritos. Esta crenza dábase, por exemplo, en Xapón, onde, nos seus templos levaban a cabo cerimonias nas que se azoutaba o aire con estas ramas para espantar os Oni (criaturas do folclore xaponés). No marco europeo, a Inquisición flaxelaba aos culpables de crimes menores con ramas de chopo como medio de expiación.

Descrición

Esta árbore é de crecemento rápido e pode alcanzar grandes alturas (de 10 a 30 metros), dependendo da especie. Ramas flexibles e cortiza lisa, de cores esbrancuxadas ou cinsentos. Follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, serrados, dentados, lobulados ou festonados. As súas xemas están cubertas por escamas. O seu froito, con forma de cápsula é lampo, de cor verdosa que se torna parda ao madurar xeralmente no verán, e libera numerosas sementes pequenas provistas dunha peluxe branca que lles confire aspecto de copos de algodón.

Ecoloxía

Son nativos das rexións tépedas do hemisferio norte, aínda que tamén se introduciron no hemisferio sur e se estenderon por toda Europa, chegando a formar bosques frondosos nas rexións nórdicas, parte de Asia, América do Norte e o norte de África. É común como árbore de ribeira e en aliñacións de paseos e estradas. Crece nas ribeiras dos ríos, marxes de lagoas, encoros e zonas brañegas, convivindo con salgueiros, freixos ou ameneiros; así mesmo non é raro velo xunto aos camiños, estradas e terreos abandonados moi húmidos. Dáse en todo tipo de solos, soportando incluso certa salinidade, e habita desde o nivel do mar até o 1.800 m.

Usos

Destaca pola madeira de boa calidade que se destina a mobles de baixa densidade, puntais e chapa a plana; pero o seu uso estrela é o da industria do taboleiro contrachapado. Pódese mencionar o uso da súa madeira como soporte na pintura, por exemplo na Mona Lisa. Son tamén prezados como árbores de sombra en parques e paseos e no sur de Arxentina utilízanse como cortinas forestais cortaventos.

Ir al contenido